O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho en Santiago á secretaria do Centro Gallego de Montevideo, Ana Rosa Bocija, quen transmitiu ao alto cargo da Xunta algunhas novidades sobre a diáspora galega en Uruguai, e lle presentou algunhas das actividades que desenvolverá a súa entidade durante o ano 2014.
Entre elas, Bocija destacou os actos de conmemoración dos 135 anos da fundación do Centro, que o acredita como o centro galego en funcionamento máis antigo do mundo.
Fuente secretaría de prensa de la Xunta de Galicia
Comentarios