XUNTA DE GALICIA
DELEGACIÓN EN MONTEVIDEO
COMUNICADO
Por este medio comunícase, que esta aberto o período de
inscrición para o programa de Axudas Económicas Individuais
Obxecto:
Concesión de axudas económicas, directas, individuais e de
carácter social, dirixida aos emigrantes de nacionalidade española
e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no
estranxeiro, que se encontren nas seguintes situacións:
. Enfermidade.
. Dependencia.
. Desempregados maiores de 50 anos.
. Mulleres que sufran violencia de xénero.
Por entrega e recepción dos formularios xunto coa documentación
correspondente dirixirse á rúa Maldonado 1045 de luns a
venres de 9:00 a 14:00 hs.
O prazo vence o 31 de marzo de 2010.
Por consultas comunicarse ao 908 95 17.