El secretario Xeral de emigración ha firmado convenios de colaboración con: Hogar español, Casa de Galicia y la Española
Está de visita hoy en nuestro país el secretario Xeral. de emigraciones de la Xunta de Galicia D. Antonio G. Miranda.
Si bien no ha dado entrevistas a la prensa especializada, ha trascendido que su llegada a Uruguay es para entregar los cheques correspondientes a los convenios firmados con anterioridad.
A primera hora de la mañana ha mantenido reunión en el Hogar español de ancianos donde ha entregado el cheque correspondiente al convenio de colaboración que suscribe con el mismo por un valor de 60.000 dollares americanos.
También sobre el mediodía se trasladó a Casa de Galicia acompañado del delegado E. López Dobarro para hacer entrega al presidente Manuel Ramos la subvención para la cobertura mutual de los socios gallegos carenciados por un monto de 35.000 dollares americanos.
Allí ha sido recibido en la sala de sesiones por directivos según muestra la nota gráfica.
Sobre las 17 30 hs. está previsto una visita a la Asociación Española del jerarca para cubrir el mismo tipo de subvención por un monto de 20.000 dollares americanos.
Ampliaremos con información enviada desde la secretaria de prensa de la xunta de Galicia
Resumen
MIRANDA VISITA COMUNIDADES GALEGAS NA ARXENTINA, URUGUAI E VENEZUELA, E RENOVA DIVERSOS CONVENIOS PARA ASISTENCIA SOCIOSANITARIA A GALEGOS DO EXTERIOR
Os documentos asinados polo secretario xeral da Emigración e os presidentes de cadansúa entidade supoñen a continuidade na acción social da Xunta de Galicia
Santiago, 7 de maio de 2014.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, cursa visita durante esta semana a comunidades galegas das repúblicas Arxentina, do Uruguai e de Venezuela, e asina convenios de colaboración con institucións da diáspora que prestan servizos asistenciais a galegas e galegos que, pola súa avanzada idade ou razóns de carácter socioeconómico, atópanse en situación de precariedade.
En primeiro lugar, e tras aterrar en Bos Aires, Miranda mantivo un encontro coa representante dos centros galegos de Arxentina na Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, Beatriz Carballo. Despois, viuse na Consellería de Educación e Ciencia da Embaixada española na Arxentina co seu titular, Francisco Javier Moldes Fontán.
A súa xornada en Bos Aires completouse con visitas a diversas comunidades galegas na capital, durante as cales mantivo contacto coas socias e socios de cadansúa entidade: a Asociación Casa de Galicia; a Asociación Galega Residentes de Mos de Mutualidade, Cultura e Recreo; e mailo Centro Arzuán Melidense. Tamén tivo tempo de entrevistarse co presidente do Centro Galicia e Manuel Peleteiro do Colexio Santiago Apóstolo da capital bonaerense.
Uruguai e Venezuela
Na República Oriental do Uruguai, o secretario xeral da Emigración visitou as instalacións e saudou aos residentes do ‘Hogar Español’ de Montevideo, onde asinou un convenio de colaboración para a asistencia sociosanitaria de galegas e galegos en situación de precariedade e alta dependencia, pola súa avanzada idade e situación económica familiar. Neste Hogar residen arestora máis de cento cincuenta cidadáns galegos.
Posteriormente, trasladouse ata a Casa de Galicia de Montevideo, onde asinou un convenio similar de colaboración. Despois, visitou o Centro Pontevedrés da capital uruguaia, e asinou máis tarde un convenio de colaboración para atención sociosanitaria coa Asociación Española Primeira de Socorros Mutuos.
Estes convenios, así como os que de seguido asinou en Venezuela, dan continuidade á acción socioasistencial da Secretaría Xeral da Emigración, e supoñen unha contía global de 225.000 euros.
Xa na República Bolivariana, Miranda asinará mañá mércores dous convenios coa ‘Hermandad Gallega de Venezuela’ en Caracas; outro, coa súa homóloga en Valencia; e outro máis, coa ‘Fundación España Salud’; todos eles coa finalidade de garantir as mellores condicións posibles para os galegos residentes no Exterior en condicións de vulnerabilidade.
Hoy me encuentro con la pagina web. Mis felicitaciones. Soy ciudadano Español por parte de mi Padre. Hoy el ya no esta, siempre recordaba su tierra. Si bien aun no fui a Galicia, Pontevedra, la misma es uno de mis anhelos. Estoy muy contento por esta pagina. Los felicito por la misma. Para sumar estaría bueno poner un mapa de España, donde se pueda ver los pueblos del Pais. Por ejemplo de Pontevedra, Vilalen, Cerdedo. Es solo una idea. Desde ya muchas gracias.