Cumprirase co compromiso electoral do traslado da sede da Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires, dirixida por Alejandro López Dobarro
O SECRETARIO XERAL DE EMIGRACIÓN E O DIRECTOR XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES VIAXAN A ARXENTINA E A URUGUAI
O secretario xeral de Emigración participará no acto de conmemoración do 130º aniversario do Centro Gallego de Montevideo, o máis antigo da colectividade en funcionamento
A viaxe institucional levaraos a estreitar novos lazos de colaboración internacional: xuntaranse co embaixador de España na Arxentina e con membros da xefatura do Goberno da Cidade de Buenos Aires e mailo presidente do Consello Arxentino para as Relacións Internacionais (CARI)
Camba apoiará un protocolo de colaboración sociosanitaria entre as mutuas arxentinas SIMECO e OSPAÑA, pola que se verán beneficiados os galegos inscritos na área de influencia da Cidade de Buenos Aires e visitará distintos centros galegos da colectividade
Santiago, 26 de agosto de 2009.- O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, xunto ao director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, iniciará unha viaxe institucional durante cinco días a Arxentina e a Uruguai.
En Buenos Aires reuniranse co embaixador de España na Arxentina, Rafael Estrella Pedrola, e con membros do equipo da Xefatura do Goberno da Cidade de Buenos Aires, que dirixe Mauricio Macri. Así mesmo, entrevistaranse co presidente do Consello Arxentino para as Relacións Internacionais (CARI), Adalberto Rodríguez Giavarini. O delegado da Xunta en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, tamén participará nas distintas xuntanzas de traballo.
O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, trasladarase ademais a Montevideo para asistir á celebración do 130 aniversario do Centro Gallego de Montevideo, decano das institucións galegas existentes no exterior e o centro galego máis antigo da colectividade en funcionamento.
O vindeiro martes, 1 de setembro, farase a apertura oficial da sede da Delegación da Xunta de Galicia Buenos Aires, dirixida por Alejandro López Dobarro. O acto responde ao compromiso electoral adquirido, que supón o traslado das instalacións ao Centro Galicia, referente da colectividade galega no país austral.
Doutra banda, o responsable do área de Emigración da Xunta de Galicia, apoiará un protocolo de colaboración sociosanitaria entre as mutuas arxentinas SIMECO e OSPAÑA, pola que se verán beneficiados os galegos inscritos no área de influencia da Cidade de Buenos Aires e visitará distintos centros galegos da colectividade. Camba completará o programa con entrevistas coas xuntas directivas de Centros galegos da colectividade en Arxentina como: a Asociación Civil de Jubilados y Pensionados de Avellaneda, o Tercio de Gallegos de Buenos Aires e a Unión de Sociedades Galegas da República Argentina.
Programa de actos públicos para a prensa:
BUENOS AIRES:
Xoves, 27 de agosto
18:00h. Sinatura de protocolo entre OSPAÑA con SIMECO Obra Social de Ciencias Económicas na sede do Centro Galego de Buenos Aires.
Venres, 28 de agosto
15:30h. Reunión con membros do equipo de Mauricio Macri, da Xefatura o Goberno da Cidade de Buenos Aires. Acoden por parte do Goberno da Cidade: Fulvio Pompeo, Director de Relacións Internacionais, e Claudio Avruj, Director Xeral de Relacións Institucionais.
17:00h. Visita á sede do Tercio de Gallegos. (Antártida Argentina 1535)
19:00h. Visita á Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. (Chacabuco 955)
MONTEVIDEO:
Sábado, 29 de agosto
21.30 h. Celebración do 130º aniversario do Centro Gallego de Montevideo, no Parque Polideportivo de Carrasco (Avda. de Italia 7504)
BUENOS AIRES:
Luns, 31 de agosto
10:00h. Visita á Asociación Civil Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina. Avellaneda
17:00h. Reunión co presidente do Consello Arxentino para as Relacións Internacionais (CARI), Adalberto Rodríguez Giavarini. Tamén participará o secretario académico, José Mª Llados
19:30h. Encontro coa nova xunta directiva da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina. (Moreno 1949)
Martes, 1 setembro
12.00 h.: Apertura da nova sede da Oficina da Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires. (Bartolomé Mitre 2550)
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
Gabinete de Comunicación
San Caetano, s/n – 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 238/42/51 – Fax: 981 541 252/41
Correo-e: gabinete@xunta.es
INFORMACIÓN AOS MEDIOS
Comentarios